Valoración da Asemblea Xeral do 6 de maio

O sábado día 6 de maio pola mañá na Casa da Cultura, tivo lugar a nosa Asemblea Xeral, dentro da orde do día estaban os seguintes puntos:

  • Actualización dos documentos fundacionais
  • Valoración destes dous anos
  • Propostas de futuro

A asemblea realizouse nesa orde e os primeiros puntos a tratar foron o noso código ético e os principios políticos, que se actualizaron e ampliaron, facendo fincapé, e reforzando a nosa idea de traballo colaborativo, toma de decisións de forma asemblearia. O documento estrutúrase nos seguintes apartados e estará accesible no noso web en poucos días

  1. Radicalidade democrática, igualdade e transparencia
  2. Procomún, servizos públicos e autoxestión
  3. Modelo económico e de desenvolvemento
  4. Ecoloxismo, urbanismo e mobilidade
  5. Descentralización municipal e integración supraunicipal
  6. Cuestións de ámbito superior ao comarcal

Na Asemblea Xeral debatironse tamén aspectos do código ético e  no referente ao destino do fondo social acordouse realizar un concurso de ideas e de proxectos de carácter social no cal van poder participar as asociacións locais que así desexen . O fondo social é o remanente económico que se xera coa diferenza entre o salario da nosa dedicación exclusiva e 2 veces o salario mínimo interprofesional.  A día de hoxe a contía, que é pública na nosa web, ascende a un total de 3690€. Na vindeira asemblea veciñal presentarase un modelo de bases, onde se especifique a contía e os requisitos para optar a esta iniciativa.


Logo da valoración dos dous anos de vida da Asemblea pola Unidade, nos que se analizou a situación actual e como chegamos ata ela. Valorando as partes positivas e as negativas, tomáronse decisións para mellorar, como as de realizar uns talleres de participación, confección dunha enquisa ou ampliar os grupos de traballo. Buscamos con isto recuperar a participación, activar grupos de traballo e mellorar a comunicación co exterior, para dar mellor resposta ás demandas da veciñanza.

Queremos agradecer ás máis de 30 persoas que participaron nesta Asemblea Xeral, que grazas as súas ideas e propostas para avanzar no noso proxecto.

Facebook

Twitter