Posts tagged traballo en común

DECLARACIÓN DE REALPE – COHESI...

Nós, representantes a nivel rexional, nacional e europeo reunidos en Bruxelas no marco da conferencia  REALPE celebrada no Parlamento Europeo o 28 de xuño de 2018, declaramos: Un desenvolvemento ascendente harmonioso e máis equitativo das condicións de vida en todas as rexións e municipios da UE necesita un mellor financiamento. Pedimos un orzamento da UE […]

Declaración do REALPE sobre a Despobo...

Nós, representantes a nivel rexional, nacional e europeo reunidos en Bruxelas no marco da conferencia  REALPE celebrada no Parlamento Europeo o 28 de xuño de 2018, declaramos: Expresamos a nosa preocupación polo empeoramento do despoboamento rural na Unión Europea, coa expectativa de que 132 das 273 rexións NUTS 2 enfrontarán unha diminución da poboación entre […]

O acceso auga como ben público –...

Os gobernos municipais, xa sexa de forma individual ou mancomunada son os actuais responsables da xestión da auga en todo o seu ciclo, dende a captación e potabilización  ata a depuración e descarga no medio natural. Pero moi poucos Concellos teñen a súa xestión de forma pública, ou municipalizada, este feito fai a que a […]

Asemblea Veciñal luns 25 de xuño

Convocamos a Asemblea veciñal, para o Luns día 25 de xuño ás 20:00 horas no noso local (rúa Antonio Garelli, 28, entrechán). Debateremos, os diferentes puntos da orde do día do Pleno que terá lugar o martes 26 de xuño no Concello ás 20:00h, entre outros temas que poidan xurdir. Podedes consultar a continuación os […]

ALEGACIÓN AO “DOCUMENTO BASE DO PLAN ...

No Diario Oficial de Galicia Núm. 83 do 30 de abril de 2018, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica o Anuncio do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia. Na publicación establécese que o […]

Plan de Remodelación e mellora de seg...

A deputación de Pontevedra publicou unhas axudas económicas ós Concellos, para o “Plan de Remodelación e mellora de seguridade dos viarios municipais”. O principal obxectivo da subvención é desenvolver unha mobilidade sustentable, que priorice a seguridade e a mobilidade dos peóns nas estradas e vieiros municipais. Baixo esta premisa, Asemblea pola unidade ven de propoñer […]

Re-coñecer o territorio

Coa primavera a Asemblea pola Unidade ponse a andar, bótase aos camiños, atravesa regueiros por pontellas e pasais . O obxectivo é pasar un tempo ( entre hora e media e dúas horas) compartindo un coñecemento vital, o do territorio que compartimos, que ás veces é agradable e amigo e outras convertímolo en ferramenta agresiva, […]

Asemblea Veciñal 7 de abril

O sábado 7 de abril ás 10:30 temos unha nova Asemblea Veciñal, no terceiro andar do Auditorio Municipal, baixo o título Para Falar do Presente e do Futuro. A orde do día é a seguinte Proceso Participativo para escoller os festivos locais Dedicación exclusiva Presente e futuro Para nós é fundamental a túa participación e […]

Proceso Participativo Escolle os teus...

Por que se fai? Como todo proceso participativo, enquisa ou consulta, faise para coñecer as preferencias da poboación sobre unha temática concreta. Neste caso, procurarase coñecer a preferencia da veciñanza respecto os dous festivos locais que o Pleno do Concello de Cangas ten entre as súas atribucións elixir. En agosto de 2016 o Pleno da […]

Enquisa de participación na Asemblea ...

Dende a Asemblea pola Unidade queremos saber como podemos mellorar e favorecer a túa participación. Por este motivo lanzamos a seguinte enquisa e pedímosche que empregues 5 minutos do teu tempo en contestala. Enlace: https://goo.gl/forms/iQU4LZmFJBG5OPd82

Facebook

Twitter