Posts tagged Concello

ALEGACIÓN AO “DOCUMENTO BASE DO PLAN ...

No Diario Oficial de Galicia Núm. 83 do 30 de abril de 2018, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica o Anuncio do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia. Na publicación establécese que o […]

PROPOSTAS PARA O ESTUDO E MELLORA DO ...

Características vinculadas á situación xeográfica da comarca, claves no estudo da mobilidade e do transporte público de pasaxeiras. A explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros na comarca do Morrazo, non pode limitarse ó transporte por estrada. Consideramos preciso profundizar no estudo do transporte marítimo de viaxeiras, por ser clave no desenvolvemento e […]

PROTOCOLO XUNTA-FEGAMP “CONCELLOS DOI...

O mércores 13 de decembro na delegación territorial da Xunta en Vigo, presentáronse os obxectivos do protocolo asinado entre a FEGAMP e a XUNTA e denominado “Concellos Doing Business”, para o fomento a implantación de grandes empresas nos polígonos industriais e parques empresariais galegos. Este protocolo enmárcase como iniciativa da recén aprobada “Lei de fomento […]

Moción de rexeitamento á PDL de fomen...

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Recentemente a Xunta de Galicia presentou pola vía de urxencia a Proposición de Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, impedindo así o seu debate e exposición pública. Esta PDL modifica  a lo menos unha ducia de leis, entre elas están a do sectores eólico, mineiro e forestal, pero […]

Asemblea Veciñal xoves 21 ás 20:30

Este xoves 21 de setembro ás 20:30 temos unha nova Asemblea Veciñal para tratar os puntos do próximo pleno. A documentación que dispoñemos a día de hoxe pode estar incompleta e tentaremos ter toda a información para o día da Asemblea Veciñal. Convocamos unha semana antes, xa que para a próxima comezamos o curso sobre […]

ALEGACIÓN Ó “ANTEPROXECTO DE EXPLOTAC...

No Diario Oficial de Galicia Núm. 101 do 30 de maio de 2017, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta publícase unha resolución cos corenta e dous anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada. Na publicación establécese que o período de exposición pública suxeita á presentación […]

Renovación na concellaría de Particip...

Para nós a política é o compromiso de loitar por unha sociedade máis xusta e igualitaria, non é unha carreira persoal ou un futuro laboral, xa que o noso paso pola política é temporal e non final. Este compromiso non pode entorpecer o noso desenvolvemento persoal, académico e laboral, nin na procura dun emprego digno. […]

Asemblea Veciñal o xoves 25 de maio

Este xoves 25 ás 20:00 de maio na rúa Antonio Garelli 28 temos unha nova Asemblea Veciñal coa seguinte orde do día: – Valoración e análise dos puntos do pleno – Varios Contamos coa túa voz e a túa participación A continuación deixamos a orde do día e todas as mocións para que as consultedes: […]

Asemblea veciñal XOV 27 de Abril

  Este xoves día 27 ás 20:30 no noso local (rúa Antonio Garelli, 28, entrechán) teremos unha nova Asemblea Veciñal na que trataremos os puntos do pleno do venres día 28 de  abril. Ademais debateremos todas as cuestións que consideredes relevantes na política municipal das últimas semanas e falaremos tamén da Asemblea Xeral do vindeiro sábado […]

Información da Asemblea Xeral do día ...

  Na última Asemblea Veciñal aprobouse realizar unha Asemblea Xeral para o sábado día 6 de maio ás 10:30 horas. Coa seguinte ORDE DO DÍA: – Revisión dos Documentos Fundacionais – Valoración do feito nestes dous anos – Proposta de futuro: dirección política dos próximos dous anos e liñas de traballo     Esta Asemblea Xeral […]

Facebook

Twitter