Posts tagged Cangas

MOCIÓN PARA A SALVAGARDA DA ARTE TRAD...

En 2014 a Comisión Europea lanzou unha proposta para prohibir completamente as redes  de enmalle de deriva. Esta proposta creou moita preocupación na Galiza porque supoñía a prohibición da arte tradicional do xeito. A Comisión e o Parlamento zanxaron a polémica alegando que se lle daría unha solución no debate do Regulamento de medidas técnicas. […]

Asemblea Veciñal, xoves 26 ás 20:0

O xoves día 26 de xullo temos unha nova Asemblea Veciñal no noso local (Rúa Antonio Garelli 28, entrechan)ás 20:00 Orde do dia – Puntos do Pleno – Outros Podedes consultar a continuación os temas a tratar no Pleno correspondente ó mes de Xuño Ven, Participa, Decide

Declaración do REALPE sobre a Despobo...

Nós, representantes a nivel rexional, nacional e europeo reunidos en Bruxelas no marco da conferencia  REALPE celebrada no Parlamento Europeo o 28 de xuño de 2018, declaramos: Expresamos a nosa preocupación polo empeoramento do despoboamento rural na Unión Europea, coa expectativa de que 132 das 273 rexións NUTS 2 enfrontarán unha diminución da poboación entre […]

O acceso auga como ben público –...

Os gobernos municipais, xa sexa de forma individual ou mancomunada son os actuais responsables da xestión da auga en todo o seu ciclo, dende a captación e potabilización  ata a depuración e descarga no medio natural. Pero moi poucos Concellos teñen a súa xestión de forma pública, ou municipalizada, este feito fai a que a […]

Asemblea Veciñal luns 25 de xuño

Convocamos a Asemblea veciñal, para o Luns día 25 de xuño ás 20:00 horas no noso local (rúa Antonio Garelli, 28, entrechán). Debateremos, os diferentes puntos da orde do día do Pleno que terá lugar o martes 26 de xuño no Concello ás 20:00h, entre outros temas que poidan xurdir. Podedes consultar a continuación os […]

ALEGACIÓN AO “DOCUMENTO BASE DO PLAN ...

No Diario Oficial de Galicia Núm. 83 do 30 de abril de 2018, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica o Anuncio do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia. Na publicación establécese que o […]

Plan de Remodelación e mellora de seg...

A deputación de Pontevedra publicou unhas axudas económicas ós Concellos, para o “Plan de Remodelación e mellora de seguridade dos viarios municipais”. O principal obxectivo da subvención é desenvolver unha mobilidade sustentable, que priorice a seguridade e a mobilidade dos peóns nas estradas e vieiros municipais. Baixo esta premisa, Asemblea pola unidade ven de propoñer […]

Re-coñecer o territorio

Coa primavera a Asemblea pola Unidade ponse a andar, bótase aos camiños, atravesa regueiros por pontellas e pasais . O obxectivo é pasar un tempo ( entre hora e media e dúas horas) compartindo un coñecemento vital, o do territorio que compartimos, que ás veces é agradable e amigo e outras convertímolo en ferramenta agresiva, […]

Asemblea Veciñal 7 de abril

O sábado 7 de abril ás 10:30 temos unha nova Asemblea Veciñal, no terceiro andar do Auditorio Municipal, baixo o título Para Falar do Presente e do Futuro. A orde do día é a seguinte Proceso Participativo para escoller os festivos locais Dedicación exclusiva Presente e futuro Para nós é fundamental a túa participación e […]

Por un transporte público e de calida...

A improvisación nun servizo de transporte público non é admisible. Como xa reiteramos na moción sobre o transporte (presentada e aprobada fai un par de meses) a cidadanía que necesita desprazarse a Vigo desde o Morrazo non pode estar pendente das comunicacións que fagan as concesionarias (especialmente as navieiras, por estar máis afectadas polas condicións […]

Facebook

Twitter