Situación do mercado en Cangas

Foto de Inmobiliaria Lares

Foto de Inmobiliaria Lares

A Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local, despois da xuntanza de onte coa asociacion de ambulantes-ASVAM e os portavoces municipais, continuará cos traballos de regularización do mercadillo, traballo que se está a desenvolver minuciosamente polo equipo de técnicos municipais da area de mercados.

A principal demanda do colectivo ASVAM é darlle máis celeridade a este proceso, porque a pesar de que se avanzou en moitos aspectos, é preciso continuar reorganizando os espazos e controlando os postos para que todos conten coa sua licencia correspondente, para devolverlle ó mercadillo a sua identidade. Sen presas pero sen pausa.

A actualización do censo de ambulantes para o ano 2016 require revisar a documentación de todos os titulares, e iso leva tempo. Os pasos seguintes serán estudar co equipo de goberno a ubicación do mercado, para ter unha organización máis eficiente do espazo; valorar o número de postos que poden sacarse a concurso público en función dos espazos baleiros que dispoñamos. Tamén se está a traballar no deseño dun novo carnet identificativo de cada posto, que será entregado proximamente.

Facebook

Twitter