Re-coñecer o territorio

Coa primavera a Asemblea pola Unidade ponse a andar, bótase aos camiños, atravesa regueiros por pontellas e pasais .
O obxectivo é pasar un tempo ( entre hora e media e dúas horas) compartindo un coñecemento vital, o do territorio que compartimos, que ás veces é agradable e amigo e outras convertímolo en ferramenta agresiva, espazo deteriorado onde a convivencia é difícil.
Nesa convivencia , ademáis das relacións humanas, tamén se teñen que dar as das persoas co seu medio. E para que o equilibrio se manteña, o medio natural é importante.
Aínda hai moito mundo no noso arredor que non coñecemenos e que pretendemos re-coñecer, con quen queira sumarse. Acompañaranos nesta xeira un experto en “Arqueoloxía e outras historias”. De vida e de territorio.
Agardámosvos. Catro mañás de sábados no calendario de 2018 que pretendemos aproveitar con maiúsculas. Coñecer o espazo que habitamos é aprender un pouco máis de nós mesmas.

As rutas son gratuitas e non precisas inscribirte, só estar no punto indicado ás 10:00 horas

Sábado 21 de abril. Coiro
(lugar de saída-chegada: Aparcadoiro das Pistas Municipais de Atletismo
en Verín)
Sábado 28 de abril. Darbo
(lugar de saída-chegada: Balcón do Rei)
Sábado 5 de maio: Aldán
 (lugar de saída-chegada:  Centro de Saúde de Aldán)
Sábado 19 de maio: O Hío
(lugar de saída-chegada: Praia de Vilariño )


Quedas convidada

 

Facebook

Twitter