Quen somos

 

Somos xente nova, e non tan nova, do centro de Cangas e mais do Hío, Aldán, Coiro e Darbo. Decidimos dar un paso avante e organizarnos para mudar as cousas. Cremos na participación veciñal e nun achegamento efectivo ó ámbito parroquial a través da propia asemblea. Consideramos que Cangas non se pode hipotecar máis e menos gobernarse sen contar coa veciñanza. Pretendemos responder dunha forma decididamente colectiva, asemblearia e democrática.

Defendemos a transparencia e o dereito de todo o pobo a tomar parte en pé de igualdade neste proxecto unitario e de esquerda para acadar a derrota do Partido Popular.

Candidatos

 

Candidatos Asemblea pola Unidade

Video de presentación

Facebook

Twitter