PROPOSTAS PARA O ESTUDO E MELLORA DO TRANSPORTE PÚBLICO NA COMARCA DO MORRAZO

  1. Características vinculadas á situación xeográfica da comarca, claves no estudo da mobilidade e do transporte público de pasaxeiras.

A explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros na comarca do Morrazo, non pode limitarse ó transporte por estrada. Consideramos preciso profundizar no estudo do transporte marítimo de viaxeiras, por ser clave no desenvolvemento e na mobilidade de toda a veciñanza.

  1. Conexións coas principais cidades: Vigo e Pontevedra.

Mellorar as frecuencias do transporte por estrada coas principais cidades, Pontevedra e Vigo. Reiteramos que o transporte marítimo de Cangas e Moaña, con Vigo, traxecto de aproximadamente 20 minutos, supón un transporte moi eficiente e é empregado a diario por miles de usuarios. Isto incide na redución de vehículos por estrada.

  1. Transporte marítimo.

O principal método transporte dende Cangas e Moaña a Vigo. Débese de garantir este transporte, de calidade e ampliar frecuencias horarias nocturnas. A maiores non se pode consentir que nos meses de verán se reduzan as frecuencias matinais e se empreguen barcos de menor tamaño. Do mesmo xeito que as empresas concesionarias deben de garantir o servizo por vía terrestre os días nos que a climatoloxía non permite a navegación na ría.

Este servizo foi liberalizado por unha sentencia da Unión Europea, e deberíase de recuperar mediante concesión administrativa con un estrito control de horarios e mellor servizo.

  1. Realidades estacionais moi distintas entre o verán e o inverno, e o problema de estacionamento de vehículos no verán.

A realidade da comarca do Morrazo é ben distinta no verán e no inverno, dado o atractivo turístico dos Concellos, que nalgún caso chegan a triplicar a súa poboación nos meses estivais. Consideramos imprescindible estudar medidas disuasorias no transporte por estrada, para evitar os problemas de estacionamento nos entornos naturais das praias do Morrazo, e incentivar e fomentar o uso do transporte público.

  1. Dispersión das parroquias.

A dispersión poboacional en Galicia é unha realidade. No Concello de Cangas, con máis de 26.000 habitantes en 5 parroquias, o transporte público regular de viaxeiros é moi deficiente por número de liñas e sobre todo polas frecuencias, o que supón que os veciños descarten

por completo empregar o transporte público para desprazarse ó centro urbano da vila. Os núcleos afectados son as parroquias de Aldán – Hío – Darbo, que suman practicamente o 50% da poboación do Concello de Cangas.

O anteproxecto contempla o Concello de Cangas unicamente como punto de partida ou chegada ó centro urbano de Cangas (Estación Autobuses Cangas). Non aporta solucións ou alternativas á mobilidade dende as parroquias ata o centro urbano de Cangas, como podería ser o servizo integrado con escolares.

 

  1. Conexións co Hospital Álvaro Cunqueiro, como principal hospital de referencia.

No Plan de Transporte da Xunta, no relativo á Liña 2 Cangas E. A.- Hospital Álvaro Cunqueiro, actualmente son 13 o número total de paradas entre Cangas e o Hospital, o cal consideramos moi excesivo pois repercute negativamente nos usuarios do servizo que na maioría dos casos diríxense a un hospital para realizar probas médicas (ou similares).

Propoñemos que nesta ruta de conexión Cangas co Hospital Álvaro Cunqueiro alomenos a metade das viaxes sexan directas sen pasar polo centro urbano de Vigo, facendo as paradas contempladas entre Cangas e Domaio, e continuando pola AP-9 ata tomar a correspondente saída cara o Hospital Álvaro Cunqueiro.

   

  1. Integración do tranporte urbano de Vigo no transporte metropolitano.

Son moitas as persoas que traballan en Vigo e acceden a cidade a través do barco e logo móvense no transporte urbano de Vigo, é preciso a entrada no transporte metropolitano desta cidade.

 

Facebook

Twitter