Proceso de primarias das Mareas

MareasTras os acordos adotados na Asemblea Constituínte do pasado sábado, conformase un novo partido instrumental para participar nas eleccións autonómicas do 25 de setembro.

Neste proceso aceptáronse os documentos elaborados polas Mareas en Común, nos cales se marca un proceso cidadán e aberto, de participación individual e con primarias para elección da persoa candidata a presidencia e as parlamentarias.

Levamos moitos meses de esforzo e traballo en común, tempo no cal conseguimos crear un esquelete que garanta a igualdade entre persoas e onde todas contamos por igual, é dicir, unha persoa un voto. O tempo é escaso pero suficiente para crear a ferramenta política que desexamos.

___________

Como podo participar nas Primarias?

As primarias de En Marea xa están en marcha. Tes dous xeitos de participar, como candidata/o ou como votante. Pero en calquera dos dous casos tes o mesmo requisito inicial: asinar o manifesto dos alcaldes até o 13 de agosto.

Asina o manifesto

Regulamento de primarias

Nestas páxinas ofrecemos a información básica, pero se prefires consultar o regulamento completo das primarias, aquí o tes.

Calendario

O proceso de primarias comeza o día 5 de agosto, e as votacións terán lugar os días 16 e 17 de agosto. O día 20 proclamaranse as candidaturas definitivas, tras a resolución de posibles reclamacións.

Candidaturas

Para presentar a túa candidatura, tes que cumprir unha serie de condicións e prazos que se especifican aquí. Os requirimentos básicos son os que se recollen na lexislación vixente, ademais dos definidos internamente no regulamento.

Voto telemático

Infórmate sobre o proceso de votación a través da internet.

Voto presencial

Infórmate sobre como votar presencialmente.

Toda a información na páxina web da Marea Constituínte!!

Facebook

Twitter