Dende a Asemblea Pola Unidade sempre defendemos que as persoas informadas participan máis e mellor da vida pública; e isto xera un clima positivo para que a xestión política sexa eficaz e de calidade.
Esa visión crítica é indispensable, posto que se ninguén se interesa polas decisións que afectan ao futuro de Cangas a xestión política pode rematar no campo da mediocridade.
Cangas nunca foi iso!
En Cangas imos polo terceiro intento de dotarnos dun Plan Xeral de Ordenación municipal; as responsables traballamos para tomar centos de decisións que darán forma ao documento; pronto estará listo o primeiro borrador.
Cando estea, por favor, lédeo!
Non imos a debatir o novo PXOM, xa que o documento está en elaboración. Pero queremos espertar a curiosidade e o interese polo urbanismo, imaxinar como podemos mellorar as comunicacións, o tráfico, a accesibilidade, a mobilidade e plantexar cales son os retos para o futuro de Cangas.
Pensamos en Estudio Rurban para que fixeran unha serie de 3 actividades que promovesen unha ollada crítica sobre o urbanismo da vila; deseñaron os 3 roteiros con total liberdade.
As rutas será os seguintes sábados ás 10:30:
- 22 de decembro: Cangas Leste + Camiño Real, con saída dende o CEIP Tirán
- 29 de decembro: Cangas Oeste + Casco Vello, con saída dende o Concello
- 05 de Xaneiro (2019): Aldán + Vilariño, con saída dende o CEIP Espiñeira