Aclaración dos feitos en relación a licenza de contrución dun Edificio de Vilariño

O día 8 de agosto de 2017 recibimos na Xunta de Goberno a proposta de aprobación de licenza  para a construción dun edificio en Vilariño. Logo de revisar todo o expediente atopámonos con certas dúbidas, ante as cales presentamos dous escritos diferentes:

  • O 4/09/2017, presentamos o primeiro , que pretende poñer en cuestión un informe municipal sobre a antigüidade dun hórreo, afectado pola construción do edificio. Cuestionamos este documento porque foi elaborado polo propio arquitecto técnico da empresa construtora, polo que entendemos que é de parte e, en consecuencia, con serias dúbidas sobre a súa validez. Tendo en conta isto, solicitamos un novo informe imparcial, no que non só se analice a antigüidade senón o  valor etnográfico e patrimonial da área no que esta localizado.
  • O 27/09/2017, presentamos un segundo escrito, no que resaltamos que a normativa urbanística (de 1994) non se adapta á realidade existente. Un exemplo, no 1994 non estaba grafiado o río que agora  está aberto, xa que as obras de acondicionamento e posta en valor foron feitas despois. Ademáis, a área de construción non ten unha clasificación urbanística clara nas normas subsidiarias de 1994. Neses días, a Asociación de Veciños de Vilariño “Pedra Amarrada” tamén presenta unha alegación, na que inclúe un novo informe técnico que contradí o  citado documento municipal. Dado que existen dúbidas  sobre cal é a clasificación do solo e que as normas subsidiarias de 1994 están claramente desactualizadas, solicitamos a aplicación dos artigos 86 e 87 da Lei de Solo de Galicia, que posibilitan a paralización das licenzas urbanísticas desa zona, de xeito que se posibilite estudar a revisión nese ámbito e unha modificación puntual das normas subsidiarias.

A finalidade de todas as nosas contribucións foi a de garantir a seguridade urbanística e legal en todo o proceso, xa que resulta evidente que a día de hoxe existen, como mínimo,  numerosos fíos soltos que se teñen que pechar.

O noso posicionamento a nivel urbanístico sempre foi claro: apostamos por un urbanismo ordenado, transparente e respectuoso co entorno.

O seguinte documento é o escrito do 27/09/2017 no que se fai unha relación mais detallada do acontecido

 

 

 

Facebook

Twitter