MOCIÓN PARA A SALVAGARDA DA ARTE TRADICIONAL PESQUEIRA DO XEITO

En 2014 a Comisión Europea lanzou unha proposta para prohibir completamente as redes  de enmalle de deriva. Esta proposta creou moita preocupación na Galiza porque supoñía a prohibición da arte tradicional do xeito.
A Comisión e o Parlamento zanxaron a polémica alegando que se lle daría unha solución no debate do Regulamento de medidas técnicas.
Pois ben, en marzo de 2016 a Comisión fixo a súa proposta de Regulamento sobre a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas técnicas. O Parlamento Europeo fixou a súa posición sobre esta proposta en xaneiro do 2018. A Comisión na súa proposta non recoñece esta especificidade, e coa prohibición de utilizar para os pequenos peláxicos unha dimensión de rede inferior a 50 mm o xeito quedaría prohibido.
A posición do Parlamento tampouco o recoñece ao ser rexeitadas as dúas emendas que
facían referencia ao xeito. O Parlamento Europeo, asume como propia a proposta da
Comisión para a pesca de pequenos peláxicos.
Na actualidade o Regulamento atopase en fase de negociación (coñecida como trílogo);
e so será posíbel introducir nestas negociacións algunha especificidade para salvagardar a arte do xeito se o Consello o pon enriba da mesa nas negociacións, polo
que sometemos a aprobación desta Corporación municipal os seguintes ACORDOS:

1.- Dirixirse ao Ministro de Pesca para que dea os pasos necesarios para que o Consello introduza nas negociacións en curso sobre o Regulamento de Medidas técnicas nas augas sur-occidentais, a rede de deriva única coñecida como xeito, que emprega unha malla de dimensión entre 23 e 40 mm (Anexo VII da proposta).
2.- Dirixirse á Conselleira do Mar para que utilice todos os mecanismos dos  que dispón para que o Consello asuma introducir nas negociacións esta proposta sobre o xeito.

Facebook

Twitter