Moción de rexeitamento á PDL de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Recentemente a Xunta de Galicia presentou pola vía de urxencia a Proposición de Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, impedindo así o seu debate e exposición pública.
Esta PDL modifica  a lo menos unha ducia de leis, entre elas están a do sectores eólico, mineiro e forestal, pero tamén a de cooperativas, a de procedemento administrativo, a de taxas, prezos e exaccións, a de turismo, a de estradas, a do patrimonio cultural e a de conservación da natureza.
Moita da regulación de estas leis precisa actualización e traballo para adecualas o momento actual no que vivimos, pero non de esta forma, a través de Disposicións Derradeiras nunha nova lei. Precisan de debate cos sectores implicados, cos colectivos e axentes sociais e coa cidadanía. Teñen que debaterse publicamente, de forma transparente e teñen que ser participadas.
A PDL de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia supón a redución a metade o tempo de exposición pública para os proxectos sectoriais urxentes. A eliminación do trámite de autorización administrativa  para moitos aproveitamentos madeireiro, precisando soamente unha declaración responsable. Nesta lei, noméase tamén as administracións que van ter competencias administrativas, pero curiosamente a que falta é a que ten competencias en materia ambiental. En canto o sector eólico, permítese a instalación en todo o solo menos no espazo da Rede Natura 2000 (12% do territorio do país), deixando a porta aberta a que en zonas nas que existe protección ambiental, patrimonial ou cultural se podan instalar
Esta PDL supón a liberalización de sectores estratéxicos para Galiza como son o eólico, mineiro ou forestal, facilitando a iniciativas empresariais só a grandes empresas e non as PEMES e autónomas, xa que a estas últimas non lles afectará esta PDL.

Polo exposto, o Pleno do Concello de  Cangas do Morrazo insta á Xunta de Galicia a:

  • Retirar a Proposición de Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia
  • Iniciar un debate público e por separado para modificar e actualizar as Lei 8/2009 de aproveitamento eólico de Galiza, a Lei 3/2008 de minería de Galiza, e a Lei 7/2012 de Montes de Galiza
  • Garantir nas modificacións futuras das leis nomeadas anteriormente a conservación do patrimonio ambiental, paisaxístico, cultural e patrimonial de Galiza

Facebook

Twitter