Dende Asemblea pola Unidade, defendemos sempre que a veciñanza debe coñecer as actividades que o goberno municipal realiza, para permitir o exercicio da opinión e da participación da veciñanza nos asuntos públicos. O libre acceso á información pública, é clave na percepción dun goberno aberto.
Presentamos e facemos públicos estes Informes de Xestión das Concellerías de Desenvolvemento Económico e Emprego Local, e de Servicios Sociais, Igualdade e Sanidade, do Concello de Cangas, como un exercicio de transparencia e rendición de contas da xestión realizada nos últimos catro anos nestas áreas.