Información da Asemblea Xeral do día 6 de maio

 

Na última Asemblea Veciñal aprobouse realizar unha Asemblea Xeral para o sábado día 6 de maio ás 10:30 horas.
Coa seguinte ORDE DO DÍA:
– Revisión dos Documentos Fundacionais
– Valoración do feito nestes dous anos
– Proposta de futuro: dirección política dos próximos dous anos e liñas de traballo

 

CART

 

Esta Asemblea Xeral é moi necesaria, xa que hai máis de dous anos que o noso proxecto comezou a camiñar e xa se vai a cumprir media lexislatura no goberno municipal.

Nestes dous anos realizamos 37 diferentes asembleas nas que maioritariamente discutimos e aprobamos as nosas posicións plenarias e aspectos do funcionamento diario no traballo municipal.

Chegou o momento de actualizar os documentos fundacionais e elaborar a nosa estratexia política para os dous vindeiros anos e facer unha valoración do traballo ata a actualidade.

 

 

– REVISIÓN DOS DOCUMENTOS FUNDACIONAIS:

Proposta de modificación do Código ético

Descargar: https://drive.google.com/open?id=0B5dcJCOF3rQSSEVndGtvVllNdHM

Proposta de modificación dos Principios Políticos

Descargar: https://drive.google.com/open?id=0B5dcJCOF3rQSZnUtQWRMR1hndFU

– VALORACIÓN DO FEITO NESTES DOUS ANOS:

Descargar: https://drive.google.com/open?id=0B5dcJCOF3rQSOEVFMHdLV1VWNFE

– PROPOSTA DE FUTURO:

Descargar: https://drive.google.com/open?id=0B5dcJCOF3rQSblc1YU05WFBkQUE

O espazo onde levar a cabo a Asemblea Xeral e o xantar decidirase polo número de persoas inscritas, polo que é preciso que vos anotedes canto antes, para axudarnos coa organización, podedes cubrir as preguntas deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1eliD32SgZI_1lmmDAz-Kclen9AUuWNBSrpkr7ktcfA8/edit?ts=58e6bc0f

ANÓTATE, ven participar e axúdanos a seguir decidindo!!

Facebook

Twitter