Grupo de Anelamento Anduriña: Propostas para a conservación e restauración do patrimonio natural

 

O Grupo de Anelamento ANDURIÑA, entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985 e inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, ven de presentar as súas “Propostas para a conservación e recuperación do patrimonio natural do Concello de Cangas”, recomendacións que apoiamos e consideramos deben ser incluidas no debate do PXOM.

Nunha xuntanza cos redactores da proposta, puidemos ampliar información sobre como garantir a conservación e restauración dos ecosistemas costeiros e mariños, de dunas e areais, das zonas húmidas e lagoas, ordenación de ríos e regos, e conservación dos ecosistemas terrestres, e outras actuacións en zonas prioritarias que poden evitar a consolidación de agresións que aínda son reversibles.

Podedes consultar a continuación o documento completo.

 

 

Facebook

Twitter