Enconto Aberto, por un movemento cidadán de esquerdas

Cando e onde?

Este sábado 16 de febreiro ás 10:30h ás no baixo da antiga Cámara Agraria! (ó lado do Concello)

Que é isto do encontro aberto?

É unha xuntanza que pretende reunir a todas as persoas progresistas de Cangas.

Para que un encontro deste tipo?

Para impulsar un movemento cidadán , que supere (e integre) a actual fragmentación social e política da esquerda en Cangas.

Quen pode participar?

Todas as persoas interesadas en que se forme un novo espazo común progresista en Cangas.

É especialmente interesante que acuda xente máis alá das órbitas dos actuais partidos políticos, de cara a renovar, osixenar e a romper dinámicas de grupos. De aí que nestes meses se contactase con asociacións e colectivos sociais para convidalos a participar neste movemento que comeza este sábado.

En todo caso, a participación é individual e non é necesario formar parte de ningún das organizacións contactadas. Vente!

Por que agora?

Porque se busca conseguir unha candidatura cidadá que se presente ás próximas eleccións municipais en Cangas, que serán en maio desde ano.

Como se pretende superar a fragmentación actual?

  1. Construíndo un novo espazo común no que poida participar todas as persoas interesadas a nivel individual, sen exclusións.
  2. Elixindo ás representantes deste movemento nunhas primarias cunhas regras claras e transparentes para todas as participantes.
  3. Cunha toma de decisións asemblearia e aberta a toda a cidadanía. As decisións tomadas serán de obrigado cumprimento para as representantes elixidas.
  4. Transparencia en todos os ámbitos da organización

Que papel xoga a Asemblea pola Unidade neste proceso?

Na última Asemblea Xeral (setembro 18′)  a organización decidiu apostar por un modelo de “desborde” no que implicar a outros actores (non unicamente políticos) na construción dun novo espazo que lograse xuntar máis forza humana e máis representatividade social para presentarse ás eleccións municipais deste ano.

Seguindo ese mandato, creouse un grupo de traballo que contactou con diversos colectivos para expoñerlles a necesidade de acumular forzas para lograr cambiar as actuais dinámicas. Este proceso de contactos finalizou e cristaliza no Encontro Aberto do próximo sábado.

As participantes e representantes da Asemblea pola Unidade acudirán a título individual a esta xuntanza, como o resto das asistentes.

Que se vai facer no Encontro Aberto?

A idea celebrar unha xuntanza participativa na que, dun xeito flexible,  se alcancen os seguintes obxectivos:

  1. Expoñer de xeito breve o proceso levado a cabo polo grupo de traballo nos contactos.
  2. Intervencións construtivas dos asistentes ó Encontro Aberto sobre esta iniciativa.
  3. Formación de grupos de traballo para elaborar os documentos que guiarán todo o proceso.

 

Vémonos o próximo sábado ás 10:30 no baixo da antiga Cámara Agraria de Cangas!
Un saúdo,

Facebook

Twitter