Regulamento das primarias

REGULAMENTO DAS PRIMARIAS ABERTAS DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

Obxectivo

O obxectivo é crear un sistema para elixir, entre a veciñanza de Cangas, ás persoas que representen a Asemblea pola Unidade para a formalización dunha candidatura.

Electores e elixibles

  • Electores: serán electores todas as persoas maiores de 16 anos que residan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. Para estes efectos considéranse veciños os que estean de forma temporal desprazados, por motivos laborais ou de estudos, e que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma durante 6 meses. Os datos serán tratados segundo o exposto na Lei 15/1999, de protección de datos de carácter xeral.

No momento da votación será preciso presentar o DNI.

  • Elixibles: poderán ser elixibles todas as persoas maiores de 18 anos que residan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. Para estes efectos considéranse veciños os que estean de forma temporal desprazados, por motivos laborais ou de estudos, e que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma durante 6 meses. A maiores deberán cumprir o exposto na Lei Orgánica de 5/1985, do réxime electoral xeral.

Convocatoria para presentar candidatura

1º. Todas as persoas que presenten candidatura deberán aceptar os Principios Políticos e Éticos da Asemblea pola Unidade.

2º. Todas as persoas que desexen presentar candidatura deberán achegar: nome e apelidos, DNI (xuntar copia escaneada do documento de identidade, ou ben presentala o sábado día 11 de abril antes da votación), parroquia na que residen e condición coa que se presentan á candidatura. Neste último punto diferenciamos entre dúas condicións: candidatos con compromiso (estes serán os candidatos con compromiso de traballo real para os 7 primeiros postos da candidatura) e os candidatos de apoio (estes serán os candidatos que apoiarán a lista para formalizar a candidatura).

*Exemplo de como presentar a información no ANEXO I que acompaña este documento, podendo empregar o mesmo ou prescindir del e enviar a información a través do correo.

3º. A data límite para presentar candidaturas será o venres 10 de abril ata ás 23:59 horas (hora peninsular), vía e-mail ao correo da Asemblea pola Unidade: asembleapolaunidade@gmail.com.

4º. Unha vez terminada a convocatoria farase público o nome das diferentes persoas que se presentaron.

Elección e votación das candidaturas

1º. A elección e votación das candidaturas realizarase de maneira presencial o sábado 11 de abril, na Asemblea Xeral.

2º. Cada participante da Asemblea Xeral recibirá un padrón a seguir cos datos (nome e apelidos e parroquia) de todas as persoas que presentaron candidatura para realizar as votacións.

3º. As persoas poderán votar a un máximo de 10 candidatos (sen estipularse un mínimo), indicando o número que queren para esa persoa na lista, do 1 ó 10.

4º. Os candidatos recibirán unha puntuación segundo o posto que obteñan nas votacións, da seguinte maneira:

 

Posición na lista Puntuación
1 10 puntos
2 9 puntos
3 8 puntos
4 7 puntos
5 6 puntos
6 5 puntos
7 4 puntos
8 3 puntos
9 2 puntos
10 1 punto

 

5º. Unha vez rematada a votación, os responsables da mesa procederán a realizar o escrutinio diante da Asemblea, realizando o reconto de forma pública. Terminado este proceso colocaranse os nomes das persoas ordenadas de maior a menor puntuación. A continuación realizarase a corrección de xénero, de maneira que se altera unha persoa dun sexo coa do outro.

6º. Terminado este proceso proclamarase a lista de electos a concorrer na candidatura.

ANEXO I

FORMULARIO PARA PRESENTARSE ÁS CANDIDATURAS DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

NOME:

APELIDOS:

DNI:

PARROQUIA:

CONDICIÓN*:

candidato con compromiso ou candidato de Apoio.

*Candidato con compromiso: estes serán os candidatos con compromiso de traballo real para os 7 primeiros postos da candidatura.

*Candidatos de apoio: estes serán os candidatos que apoiarán a lista para formalizar a candidatura.

Facebook

Twitter