AXUDAS Ó EMPRENDEMENTO E Á CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL

 

A Concellería de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas fai difusión dunha serie de axudas de recente publicación relativas ó emprendemento e á consolidación empresarial en prazo de solicitude da Xunta de Galicia.

Seguen en prazo tamén,  o programa de “Axudas a persoas traballadoras autónomas” (TR341D e TR349F) convocado polo DOG nº 50, do 13/03/2017, e o “Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración” (TR349R), convocado polo DOG nº 68, do 6/04/2017.

Ponse á disposición da veciñanza os servizos da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello para ampliar información sobre estas axudas:

 

Convocante DOG PUBLICACIÓN DENOMINACIÓN RESUMIDA OBXECTO PRAZO XENÉRICO
Consellería de Economía, Emprego e Industria DOG nº 144, de 31/07/2017 BONO AUTÓNOMO (TR341Q) Axuda para a mellora da competitividade da actividade empresarial  ou profesional de persoas traballadoras autónomas que cumplan os requisitos estabrecidos no artigo 6, para actuacións de profesionalización, desenvolvemento estratéxico e de mellora da competitividade segundo o artigo 7 31/08/2017
Consellería de Economía, Emprego e Industria DOG nº 148, de 04/08/2017 SUBVENCIÓNS EMPREGO AUTÓNOMO E CONTRATACIÓN PERSOAS INSCRITAS NO SNGX (TR341J, TR341I, TR341L, TR341C) Subvención para acadar a inserción de persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través da promoción do emprego autónomo, da creación de incentivos a empresas para a contratación deste colectivo, e programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro que inserten a persoas inscritas no SNGX 30/09/2017
Secretaría Xeral de Igualdade DOG nº 148, de 04/08/2017 PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA (SI429A) Axudas para apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación e ter acceso a servizos de titorización empresarial. 04/09/2017
Consellería de Economía, Emprego e Industria DOG nº 152, de 10/08/2017 INCENTIVOS A EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (TR340E) Programa de axudas ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica. 30/09/2017
Consellería de Economía, Emprego e Industria DOG nº 153, de 11/08/2017 SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL (IN228A) Subvencións para proxectos de expansión do sector  comercial retallista 11/09/2017

 

Facebook

Twitter