Asemblea xeral – Sábado 2 de maio

asemblea_xeral_cartaz

A Asemblea pola Unidade, seguindo a súa folla de ruta e os seus principios de asemblearismo e transparencia, quere dar a coñecer o local e a campaña que está a desenrolar nel.

Por isto, convida a toda a veciñanza a participar na Asemblea Xeral de este sábado día 2 de maio ás 19:00 horas no local, e a inaugurar así este emplazamento para as futuras asembleas a realizar.

O tema a tratar é o traballo feito e todo que queda por facer de aquí ao 24 de maio. Os grupos de traballo seguen crecendo día a día pero convidamos a todo o mundo a participar e colaborar connosco, non só nas asembleas.

O baixo é onde diariamente os grupos teñen reunións para elaborar as propostas que despois se debaten en Asemblea aberta e onde realizan ademais as tarefas de creación de gran parte da campaña.

O enderezo do local: Fonte Ferreira, Avenida de Moaña no baixo do Nº17.

Queremos recordar tamén que o hoxe celébrase ás 18:30 horas a manifestación do 1 de maio, Día do traballador, convocada polas Marchas da Dignidade. A Asemblea como organización adherida a este movemento, convida á toda a veciñanza a participar.

Facebook

Twitter