Asemblea Xeral este sábado

 

asembleasabado30maio

Os resultados obtidos denotan uns azos de cambio aos que a Asemblea pola Unidade  tratará de responder.  E queremos facelo como ata agora: fieis aos nosos principios éticos e políticos, trasladando a voz da veciñanza.

En relación a estas cuestións, comunicámosvos a realización dunha Asemblea Xeral que terá lugar na Casa da Cultura este sábado 30 de maio, ás 20:00 h, cuxa orde do día será a seguinte:

  • Valoración das eleccións.
  • Trasladar a información do tratado nas reunións cos membros dos outros partidos.
  • Concretar a nosa folla de ruta.
  • Informar sobre os grupos de traballo e elección da Coordinadora Xeral.
  • Informar sobre a situación financeira da nosa organización.

Existe xa un evento en Facebook que conviría compartir con toda a xente posible.

Contamos coa vosa asistencia.

Facebook

Twitter