Asemblea veciñal xoves 31 de mar

Chegou o pleno ordinario de marzo e con el unha nova asemblea, o xoves día 30 de marzo ás 20 horas no noso local (rúa Antonio Garelli, 28, entrechán).

Abordaremos os puntos que se levarán ao pleno que terá lugar o vindeiro venres día 31 de marzo no Concello e debateremos cuestións que consideredes relevantes na política municipal nas últimas semanas.

Deixamos a continuación a orde do día e puntos que se levarán ao pleno:

Regulamento Orgánico Municipal (ROM)

Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do outorgamento de licenzas para a ocupación do dominio público por atraccións feirais desmontables, casetas e similares durante as festas do Cristo

Aprobación inicial Regulamento Observatorio Municipal da Infancia

Aprobación inicial de modificación do artigo 6.6.3 da Ordenanza Fiscal núm. 16 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Moción BNG 08.02.17 Danos causados polos temporais e responsabilidade das compañías eléctricas

Moción BNG 08.02.17 Sistema de concerto para financiar os servizos públicos básicos

Moción PSOE 15.02.17 s/ a “couza guatemalteca” e os seus efectos no cultivo da pataca

Moción PP 21.02.17 s/ adhseión ao convenio IGVS-FEGAMP de vivendas baleiras de Galicia

Moción do grupo municipal do PP 28.02.17 s/ programación cultural en torno a Carlos Casares

Moción dos grupos ACE e ASPUN pola biodiversidade fronte a eucalipizacion

Moción do grupo ASPUN 14.03.17 S/ introdución dos criterios da Directiva sobre contratación pública (2014/24/EU)

Facebook

Twitter