Asemblea veciñal no Hío o xoves 29 ás 20h

26-09-asemblea_vecinal_cartaz

A Asemblea pola Unidade ten como obriga a consulta de todos os puntos que se levan ó Pleno Municipal, e a aprobación destes pola veciñanza que acude ás asembleas. Cando nacemos tamén nos comprometemos a levar a política as parroquias, e facelas máis participativas.
Desta  volta queremos combinar estes compromisos, polo que imos comezar un ciclo no cal realizaremos as nosas Asembleas Veciñais previas aos plenos nas distintas parroquias, coa intención de que a veciñanza coñeza os asuntos municipais.

Este xoves día 29 imos á parroquia do Hío, estaremos coa veciñanza ás 20:00 horas no local da Escola Vella.

Abordaremos os puntos que se levarán ao pleno que terá lugar o vindeiro venres día 30 de setembro no Concello e debateremos cuestións que consideredes relevantes na política municipal nas últimas semanas.

Deixamos a continuación a orde do día e puntos que se levarán ao pleno:

Facebook

Twitter