Apioamos a ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización

A finais do 2017 botou a andar a Iniciativa Lexislativa Popular “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”

Nós como organización política de ámbito local queremos mostrar todo o noso apoio a esta ILP e por este motivo que imos organizar unha recollida de sinaturas durante os próximos 15 días co obxeto de que todas as persoas da nosa vila e comarca que queiran asinar o poidan facer dun xeito mais sinxelo.

Aquelas persoas que queiran facelo poden poñerse en contacto con nós a través do noso correo comunicacion@asembleapolaunidade.gal, vía redes sociais ou vindo o noso local (Rúa Antonio Garelli 28, entrechán, Cangas) os días luns, mércores e venres de 17:30 a 20:00 (das semanas  do 8 ao 19 de xaneiro)

A situación actual di:

  • Un de cada cinco metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto. Esta especie pirófita espallouse até atinxir máis de medio millón de hectáreas –o 17% do territorio galego, mais de 500.000Ha
  • A frecuencia dos lumes nun eucaliptal é 3,55 veces superior a dun bosque autóctono

A ILP propón:

  • Moratoria do eucalipto
  • Impedir que o monte sexa un polvorín
  • Rexeneración das áreas ocupadas por plantacións forestais non procedentes
  • Franxas de seguridade e reservas ecolóxicas de frondosas
  • Medidas para a recuperación do bosque autóctono, invnetario da situación actual e planificación futura

Toda a información sobre a ILP no enlace

https://cousaderaices.wordpress.com/2017/12/21/bota-a-andar-a-recollida-de-sinaturas-da-ilp-do-bosque-autoctono-e-contra-a-eucaliptizacion/

Facebook

Twitter