Aclaramos o posicionamento da Asemblea

Antecedentes, o mércores entregóusenos por parte de Mariano Abalo unha proposta para levar por urxencia ao pleno, na cal se instaba ao pleno da corporación a apoiar os seguintes puntos:

1.-Retirarse como parte defensora da propiedade derivada de intereses ilexítimos para non converternos en meros apéndices e defensores da empresa Promalar, que defende intereses absolutamente contrarios ao Concello de Cangas e por ter perfectamente acreditado que os montes veciñais en mancomún da Parroquia de Aldán só poden ser propiedade d@s veciñ@s, tal e como defendemos historicamente e no noso propio programa do goberno.

2.-Comunicar ao avogado que representa ao Concello neste litixio que proceda en consecuencia co acordo anterior.

3.-Facer público o noso apoio á recuperación dos montes veciñais en mancomún da Parroquia de Aldán e trasladar o apoio á Xestora que defende .

A proposta era presentar esta moción conxunta por parte do goberno, polo que quedou pendente de consensuarse entre todas, hai que engadir, que tanto o xoves como o venres pola mañá non tivo lugar a xuntanza do equipo de goberno, e a Asemblea descoñece o motivo pola cal se suspendeu dita xuntanza que se fai semanalmente.

Chegamos a venres, unha hora antes do pleno, sen debater nin consensuar; na xuntanza previa ao Pleno, a Asemblea traslada que nós estamos a favor da proposta pero non entendemos o motivo de traer as cousas por urxencia e a última hora, xa que o xuízo dos Montes de Aldán foi adiado fai 6 meses e tivemos tempo de sobra para traer este punto pola vía ordinaria, que xa na anterior cita xudicial a Xunta de Goberno Local decidira comunicarlle o avogado do concello que non se presentara, e xa mostraramos publicamente o noso apoio á causa veciñal.

A Asemblea pola Unidade xa comunicou a principio da lexislatura, que as mocións de urxencia deben de xustificarse, de non ser así gardámonos o dereito a apoialas ou non. O motivo desta decisión é ter tempo para estudar as propostas. Neste caso, o noso posicionamento foi claro, se vai ao pleno nós imos apoiala.

O único problema con esta moción está causado polo propio propoñente, por presentala tarde e non querer debatela no equipo de goberno, buscar culpables no BNG ou na Asemblea pola Unidade é querer ocultar a realidade.

Asemblea pola Unidade

Facebook

Twitter