A ASEMBLEA RESOLVE O CONCURSO DE PROXECTOS

 

Publicamos a Resolución de adxudicación de Premios segundo as ” Bases Reguladoras da Convocatoria 2019 do Concurso de Proxectos de interese xeral para a veciñanza do Morrazo” publicadas o 15 novembro de 2019.

Despois de reunida a Comisión Avaliadora, valoráronse os seguintes proxectos presentados:
● Proxecto Benestar Morrazo, presentado por ADICAM
● Proxecto de Saúde Global, presentado por AECC
● Proxecto XX Aniversario Mulleres en Acción, presentado por ACC Xiria
● Proxecto para obtención de rexistro de Núcleo Zoolóxico, presentado por Asociación
Protectora de Animais do Morrazo.

E resolveuse que os proxectos gañadores desta convocatoria son:
➔ Proxecto Benestar Morrazo, presentado por ADICAM
➔ Proxecto para obtención de Rexistro de Núcleo Zoolóxico, presentado por Asociación
Protectora de Animais do Morrazo.

Cada unha destas entidades recibirá un premio de DOUS MIL CINCOCENTOS EUROS (2.500’00 €), conforme ao artigo 3.2 das bases.

Aquí a resolución completa: Resolución Concurso Proxectos 2019

Facebook

Twitter