Campaña humanitaria de axuda a Siria

 

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Voluntariado estase a organizar unha nova campaña de recollida de material de axuda humanitaria para Siria. Esta nova campaña complementa a realizada durante o Nadal, onde se recolleron máis de 2000Kg de material.

Cartaz-recollida

O concello de Cangas volve a habilitar o espazo da Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, para a recollida. A campaña estará en marcha ata o día 22 de abril. O material que se está a recoller é moi variado, clasificado por prioridade.

  • Material de Acampada: mantas, Sacos de durmir, tendas de campaña…
  • Comida (sen porco): latas, aceite, pastas, zumes…
  • Comida infantil: Potiños, cereais, potabilizadores de auga…
  • Material Escolar (non libros): libretas, pinturas, carpetas, mochilas…
  • Material médico e hospitalario: muletas, próteses, cadeiras de rodas, probas diabete…
  • Xoguetes: Non carros grandes.
  • Material Sanitario (Urxente): inhaladores (urxente), vendas, gasas, tira adhesiva, xiringas, medicamentos (non soltos)…
  • Material de Hixiene: xel, cueiros de bebé e adultos, xampú, toalliñas, xabón…
  • Artigos de bebés: chupetes, porta-bebés, cadeiras…

 

Tamén se recolle roupa, inda que esta non ten unha prioridade tan alta como os artículos descritos anteriormente. De igual forma tamén se recollen: garfos, culleres, vasos, tápers, termos de café, mistos, lanternas de man, carpas, colchóns inchables, bolsas de lixo, mantas térmicas, sabas, almofadas, pilas, velas, bolsas de viaxe, pinzas, cordeis para tendais…

Para facilitar o traballo das persoas voluntarias que axudan a clasificar o material e para o seu reparto posterior agradécese que toda a roupa e calzado leven indicada de forma clara si é de home ou muller e a talla.

Podedes consultar máis información no evento de facebook: https://www.facebook.com/events/1533495073622670/

 

Facebook

Twitter